lunes, 24 de noviembre de 2008

Os maiores no magosto




 
Acábanme de chegar estas fotos dos maiores celebrando o magosto na residencia. Ó fondo vemos a mestres e alumnos da escola e a xente disfrutando ca música. Parece que hai bastante máis marcha e alegría que nalgunha que outra casa grande do pueblo. Xa comentei a semana pasada o feito da apertura da Escola con actividades esparcidas por Ribeira adiante e máis aló (se cabe), e esta foi unha delas. Parece que este ano non imos parar. Non vos esquezades de pasar polo Tres Hermanos a largarlle unhas empanadillas o Venres 28 ás 19.00 horas.

Radiotranspórtate con Xurxo Souto

O espazo radiofónico de maior difusión e repercusión da música galega libera as súas ondas dende a Taberna dos Tres Hermanos, aquí en Ribeira, e como non adicándonos unha porción do seu tempo á nosa escola de música. Xurxo Souto emitirá  Aberto por Reformas en directo o Venres 28 de Novembro ás 19.00 horas, así que como bos Jalochiños non podedes faltar. Para os que non coñezades o programa emítese de domingo a venres ás 19.00 horas aproximadamente na CRTVG e para os que non coñezades a Taberna dos Tres Hermanos pois xa tendes un bo motivo para coñecela e probar as súas empanadillas. Animádevos, que non tódolos días imos estar na radio.

martes, 18 de noviembre de 2008

Esta semana toca repartir música

Boas de novo. Xa había tempo que non tiñades noticias nosas, pero é que este ano o arranque da escola mantívonos bastante máis ocupados do que esperabamos. De feito esta semana a actividade da Escola rompe as fronteiras do Conservatorio Municipal ou Consistorial (xa non sabemos moi ven como chamalo) para achegarnos ata a Residencia dos Maiores. Hoxe celebraremos alí con eles o magosto de 18.00 a 19.00 horas. Pero isto non é todo, e quedándosenos todo pequeno haberá actuación musical na Praza do Concello o xoves día 20 de novembro entre as 12.00 e as 12.30 horas con motivo do  Día dos Dereitos dos Nenos. Ó longo do día xa vos iremos dando máis información, que este ano parece que ven cheo de actividades moi jalochas. Un saúdo.