viernes, 19 de diciembre de 2008

Programación Nadal



Xa temos a programación do Nadal da Asociación Bastantes Llon.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Bos tempos para a música en Ribeira



Ainda que todos sabemos que a era do CD case forma xa parte da historia e pouco a pouco vai desaparecendo en favor dun sobrevalorado mp3, a Asociación Bastantes Llon en colaboración coa Xunta de Galicia, a Escola Alboio  e outras entidades (entre as que non está o Concello de Ribeira) edita un compacto recopilatorio de varios músicos de Ribeira e arredores. O traballo, Ribeira na ruta, presentaráse en Corrubedo o vindeiro día 20 de decembro, na popular comida da Escola, e xunto a artistas clásicos e consolidados como Toñito de Poi, Jabón Blue, Mariu ou Tebra aparecen novas promesas coma os Spinal Wins ou Os Sosios. Os temas foron grabados en La Casita Records e producidos por Oito nun Piso.

lunes, 1 de diciembre de 2008

Mes do Nadal: festa rachada


Deixándo un pouco de lado a sociedade caciquil imos contar un pouco as actividades que temos preparadas para o mes de decembro. Para empezar a nosa querida charanga, a máis festeira, que deixou recentemente a súa impronta nas ondas radiofónicas do país, actuará o día 6 de decembro no Campus da Universidade de Santiago. E se acaso este asalto á capital deixara pouco sabor de boca Os Chiquilicuatres rematarán a faena da fin de semana reventando o respetable Auditorio de Galicia o domingo dia 7 de decembro. O dia 20 teremos a comida popular da Escola en Corrubedo. Para desplazarmos ata alí dispoñeremos de autobuses gratuitos. O día 25 estaremos na Casa dos Maiores amenizando un pouco o Nadal e o 28 montaremos unha Foliada non Bar Antoxo, que continuaremos o día 5 de xaneiro no Bar O Corno en Aguiño. Ó longo de mes soltaremos máis detalles das actividades e falaremos nas aulas destes temas. Lembrade que o día 6 de decembro non hai escola. Para máis información podedes mirar a axenda da Escola no apartado Enlaces de interese.

Sobre a reunión deste sábado

Este sábado tivemos unha reunión para valorar e analizar un pouco o estado da nosa querida escola de música. Houbo bastantes asistentes pero non estiveron tódolos membros, polo que creo importante falar no blog dos puntos que alí se falaron. Esta reunión estaba prevista que se celebrara no Salón de Actos do Conservatorio, celebrándose finalmente nunha das aulas. O motivo disto foi a negación expresa por parte do Concello de Ribeira á Escola Alboio para o uso de certas dependencias do Conservatorio entre as que está o Salón de Actos e a aula de Informática. Os motivos polos que se negan non son moi claros e cada un pode sacar facilmente as súas conclusións. No caso da aula de informática polo visto o problema é que o equipamento e demasiado novo e teñen medo a que o gastemos dándolle uso. Algo sencillamente incomprensible. Con todo, as clases de informática seguirémolas ofrecendo por medio do blog "Informática Alboio Escola". Resulta indignante como un Concello, que debe  de ofertar oportunidades de todo tipo ós seus habitantes, obriganos pouco a pouco a levar os nosos esforzos para outros Concellos veciños abertos a todo tipo de ideas. Nin se molestan en saber que se fai nin que se deixa de facer. ¿Sabe a voceira de Educación que labor está a realizar a Escola Alboio?¿Sabe se quera os alumnos que participan na Escola?¿As actividades que realizamos?¿Con quen colaboramos? Parece que en pleno século XXI hai xente que pensa que ter un cargo público ven sendo o mesmo que un título nobiliario, que son posuidores dun feudo, e que lles temos que pagar o diezmo para poder disfrutar ese feudo. Pois non, négome rotundamente a soportar o cinismo desa xente. Invito ós afectados (cidadáns de Ribeira) a expresar ó noso alcalde os seus pensamentos sobre o tema ó seu correo web. A todos os que disfrutades da Escola Alboio, moitas gracias.