viernes, 19 de diciembre de 2008

Programación Nadal



Xa temos a programación do Nadal da Asociación Bastantes Llon.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Bos tempos para a música en Ribeira



Ainda que todos sabemos que a era do CD case forma xa parte da historia e pouco a pouco vai desaparecendo en favor dun sobrevalorado mp3, a Asociación Bastantes Llon en colaboración coa Xunta de Galicia, a Escola Alboio  e outras entidades (entre as que non está o Concello de Ribeira) edita un compacto recopilatorio de varios músicos de Ribeira e arredores. O traballo, Ribeira na ruta, presentaráse en Corrubedo o vindeiro día 20 de decembro, na popular comida da Escola, e xunto a artistas clásicos e consolidados como Toñito de Poi, Jabón Blue, Mariu ou Tebra aparecen novas promesas coma os Spinal Wins ou Os Sosios. Os temas foron grabados en La Casita Records e producidos por Oito nun Piso.

lunes, 1 de diciembre de 2008

Mes do Nadal: festa rachada


Deixándo un pouco de lado a sociedade caciquil imos contar un pouco as actividades que temos preparadas para o mes de decembro. Para empezar a nosa querida charanga, a máis festeira, que deixou recentemente a súa impronta nas ondas radiofónicas do país, actuará o día 6 de decembro no Campus da Universidade de Santiago. E se acaso este asalto á capital deixara pouco sabor de boca Os Chiquilicuatres rematarán a faena da fin de semana reventando o respetable Auditorio de Galicia o domingo dia 7 de decembro. O dia 20 teremos a comida popular da Escola en Corrubedo. Para desplazarmos ata alí dispoñeremos de autobuses gratuitos. O día 25 estaremos na Casa dos Maiores amenizando un pouco o Nadal e o 28 montaremos unha Foliada non Bar Antoxo, que continuaremos o día 5 de xaneiro no Bar O Corno en Aguiño. Ó longo de mes soltaremos máis detalles das actividades e falaremos nas aulas destes temas. Lembrade que o día 6 de decembro non hai escola. Para máis información podedes mirar a axenda da Escola no apartado Enlaces de interese.

Sobre a reunión deste sábado

Este sábado tivemos unha reunión para valorar e analizar un pouco o estado da nosa querida escola de música. Houbo bastantes asistentes pero non estiveron tódolos membros, polo que creo importante falar no blog dos puntos que alí se falaron. Esta reunión estaba prevista que se celebrara no Salón de Actos do Conservatorio, celebrándose finalmente nunha das aulas. O motivo disto foi a negación expresa por parte do Concello de Ribeira á Escola Alboio para o uso de certas dependencias do Conservatorio entre as que está o Salón de Actos e a aula de Informática. Os motivos polos que se negan non son moi claros e cada un pode sacar facilmente as súas conclusións. No caso da aula de informática polo visto o problema é que o equipamento e demasiado novo e teñen medo a que o gastemos dándolle uso. Algo sencillamente incomprensible. Con todo, as clases de informática seguirémolas ofrecendo por medio do blog "Informática Alboio Escola". Resulta indignante como un Concello, que debe  de ofertar oportunidades de todo tipo ós seus habitantes, obriganos pouco a pouco a levar os nosos esforzos para outros Concellos veciños abertos a todo tipo de ideas. Nin se molestan en saber que se fai nin que se deixa de facer. ¿Sabe a voceira de Educación que labor está a realizar a Escola Alboio?¿Sabe se quera os alumnos que participan na Escola?¿As actividades que realizamos?¿Con quen colaboramos? Parece que en pleno século XXI hai xente que pensa que ter un cargo público ven sendo o mesmo que un título nobiliario, que son posuidores dun feudo, e que lles temos que pagar o diezmo para poder disfrutar ese feudo. Pois non, négome rotundamente a soportar o cinismo desa xente. Invito ós afectados (cidadáns de Ribeira) a expresar ó noso alcalde os seus pensamentos sobre o tema ó seu correo web. A todos os que disfrutades da Escola Alboio, moitas gracias.

lunes, 24 de noviembre de 2008

Os maiores no magosto




 
Acábanme de chegar estas fotos dos maiores celebrando o magosto na residencia. Ó fondo vemos a mestres e alumnos da escola e a xente disfrutando ca música. Parece que hai bastante máis marcha e alegría que nalgunha que outra casa grande do pueblo. Xa comentei a semana pasada o feito da apertura da Escola con actividades esparcidas por Ribeira adiante e máis aló (se cabe), e esta foi unha delas. Parece que este ano non imos parar. Non vos esquezades de pasar polo Tres Hermanos a largarlle unhas empanadillas o Venres 28 ás 19.00 horas.

Radiotranspórtate con Xurxo Souto

O espazo radiofónico de maior difusión e repercusión da música galega libera as súas ondas dende a Taberna dos Tres Hermanos, aquí en Ribeira, e como non adicándonos unha porción do seu tempo á nosa escola de música. Xurxo Souto emitirá  Aberto por Reformas en directo o Venres 28 de Novembro ás 19.00 horas, así que como bos Jalochiños non podedes faltar. Para os que non coñezades o programa emítese de domingo a venres ás 19.00 horas aproximadamente na CRTVG e para os que non coñezades a Taberna dos Tres Hermanos pois xa tendes un bo motivo para coñecela e probar as súas empanadillas. Animádevos, que non tódolos días imos estar na radio.

martes, 18 de noviembre de 2008

Esta semana toca repartir música

Boas de novo. Xa había tempo que non tiñades noticias nosas, pero é que este ano o arranque da escola mantívonos bastante máis ocupados do que esperabamos. De feito esta semana a actividade da Escola rompe as fronteiras do Conservatorio Municipal ou Consistorial (xa non sabemos moi ven como chamalo) para achegarnos ata a Residencia dos Maiores. Hoxe celebraremos alí con eles o magosto de 18.00 a 19.00 horas. Pero isto non é todo, e quedándosenos todo pequeno haberá actuación musical na Praza do Concello o xoves día 20 de novembro entre as 12.00 e as 12.30 horas con motivo do  Día dos Dereitos dos Nenos. Ó longo do día xa vos iremos dando máis información, que este ano parece que ven cheo de actividades moi jalochas. Un saúdo.

sábado, 25 de octubre de 2008

Os Jalochos das antípodas: Un longo camiño cara a cumbre.

Hola a todos de novo. Aquí temos outra xentileza de YouTube, un pequeno capricho que tiña moitas ganas de compartir con toda a xente da escola. "Un longo camiño ata a cumbre..." que dicía esta tropa. Xa vedes, uns amigos, unhas guitarras, uns tambores, unhas gaitas... en definitiva: MUSICA. Disfrutádeo.


Os australianos AC/DC están este ano de xira por España, en Madrid e Barcelona. Posiblemente sexa a última xira mundial de esta mítica banda de Rock n' Roll.

domingo, 19 de octubre de 2008

Primeiras clases na escola


Comezaron por fin as clases da escola este sábado. Parecía que non daba chegado o momento de arrancar, pero ó final conseguiuse, e de que xeito. Foi un pracer ver como moitos dos alumnos do ano pasado continuan asistindo ás nosas clases  con máis ilusión e máis ganas de aprender máis e máis música. De igual xeito a asistencia ás aulas de xente nova, recén chegados á nosa escola, xente de tódalas idades, demostra que hai un interese crecente pola cultura musical, pola súa comprensión e apredizaxe, e polo seu emprego como medio natural de expresión. Todo esto queda reflexado na aceptación das novas asignaturas (percusión, linguaxe musical, informática musical e piano) e no aumento de alumnos en xeral no resto. Tamén voltaron á Escola a xente de AMBAR, mostrándonos que a música é para todo o mundo, para todo tipo de xente e que todos temos que ter as mesmas oportunidades para disfrutala, xa sexa escoitando, tocando, bailando... En verdade foi un día para disfrutar, un día máis de festa que esperemos sexa continuo. Po último mandarlle unha aperta ben forte a Liliana Ballarín, que tanto nos apoiou e que por motivos profesionais (as nosas felicitacións) non poderá levar o Taller de Voz coa regularidade que a todos (incluído ela) nos gustaría. Moitas gracias e moita sorte nesa nova etapa que comezas. E, en fin, seguiremos informando das novas que podan xurdir ó longo da semana. ¡¡¡¡Un saúdo Jalochos e moitas gracias por todo!!!!!

viernes, 10 de octubre de 2008

Un pequeno anticipo da Festa

Pois acabo de atopar un fragmento dunha actuación de Agent V en Ourense. Espero que vos guste. Ah!!! Para reproducir o video premede o botón de Stop da Radio Jalocha, se non vai ser un fiasco sonoro.


Rematado o Prazo de Matrícula por Internet


Hoxe rematamos o prazo de matrícula por internet. Dende mediados de septembro ata hoxe sodes uns cuantos os que utilizastes a rede para inscribirvos na Escola, e supoño que nos veremos mañán na Festa de Inauguración. Xa sabedes, este curso hai que dalo todo. Os que ainda se queiran matricular nalgunha das asignaturas pódense poñer en contacto con nós, xa sexa por medio de correo electrónico (alboioescola@gmail.com) ou os sábados na oficina do Conservatorio Municipal.

jueves, 9 de octubre de 2008

Festa Inauguración do curso 08/09

Bo día Jalochos!!!!. Supoño que a estas alturas xa estarán pegados uns cuantos carteis da Festa de Inauguración de este ano. Por se acaso, se algún de vós aínda non o viu, temos un cartelazo de "lujo". O sábado ó medio día temos á nosa Charanga Jalocha dando a esmorga por todo o pueblo, seguida da banda ULTRAQAN na praza de Compostela as 14.00 h. Eso sí que vai ser unha sesión vermú en toda regla.
Xa pola tarde, ás 17.00 h., abriremos as portas do noso de todos Conservatorio Municipalpara presentar ós matriculados o novo curso que comezamos. Coñeceremos ós novos mestres e as novas asignaturas.
As 20.00 h., na Casa do Mar, comezará a actuación de Cuchus Pimentel, un dos grandes guitarristas flamencos do panorama nacional, seguido da impresionante banda de Agent V. Depois destes maravillosos concertos seguiremos a festa no Pub Desván, con máis música e alegría. Tódolos Jalochos e Jalochas da escola estades máis que invitados: ¡¡¡¡Non faltedes!!!!

miércoles, 8 de octubre de 2008

Horarios definitivos

Bueno, despois de recoller tódolos impresos de matrícula  e as matrículas por Internete, xa temos unha formación aproximada dos grupos deste ano na escola. Digo aproximada porque supoño que aínda queda algo de xente por matricular ou por entregar os impresos de matrícula. Recordamos que a escola presentámola este sábado día 11 de outubro, así que agradeceríamos encarecidamente que as persoas que se queiran matricular que o fagan esta semana antes do día en cuestión. Para a presentación de este ano contamos cunha programación que se di de "lujo". Mañán xa veredes os carteis pegados pola máis que centenaria cidade de Ribeira e na web unha información máis detallada do asunto: o sábado imos romper con todo (no sentido figurado da expresión, claro está).
No que se refire ós novos horarios, non tiñamos intención de modificalos , pero debido a cuestións de espazo no Conservatorio temos que contar con menos aulas das que esperábamos en principio, e finalmente quedaron deste xeito:

Os sábados, no Conservatorio Municipal:

17.00 - 18.00 h.

Ambar (Fernando/Victor)
Gaita iniciación (Juancho)
Gaita (Alberto)
Tambor (Darío)
Canto (Liliana)

18.00 - 19.00 h.

Solfeo (Fernando)
Pandereta (Sabela)
Pandereta (Viki)
Gaita pequenos (Sara)
Pandereta pequenos (Susi)
Tambor pequenos (Darío)
Informática musical (Victor)

19.00 - 20.00 h.

Gaita (Sabela)
Percusión (Suso)
Pandereta (Viki)
Guitarra (Victor)
Tambor (Darío)
Gaita (II) (Juancho)

20.00 - 21.00 h.

Charanga (Suso e Sabela)
Guitarra iniciación (Victor)

Durante os días da semana, na Praza do Peixe:

Luns

21.00 - 22.00 h.

Guitarra (Miguel)

Martes

19.00 - 20.00 h.

Gaita (Alberto)

20.00 - 21.00 h.

Gaita (Alberto)

21.00 - 22.00 h.

Gaita (Alberto)


miércoles, 1 de octubre de 2008

A Escola Alboio no Ateneo Valle-Inclán

Mañán, xoves día 2 de Outubro, presentamos a Escola Alboio no Ateneo Valle-Inclán ás 17.00 h. Contaremos coa presencia do Presidente da Asociación Cultural Bastantes Llon, Suso Bello, a Concelleira de Educación Juana Ermitas, a directora da Caixa, Angeles Tarrío Martinez e varios profesores da Escola. Explicaremos un pouquiño de que vai o proxecto deste ano e de que xeito colaboran con nós as diferentes entidades como o Concello. Vémonos mañan.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Novas asignaturas de canto e piano

Parece que temos outra nova asignatura este ano, que xunto coa de Piano (xa confirmada) poden ser do máis interesante da Escola. O Taller de Canto vai ser  dirixido por Liliana Ballarín, profesora tamén no Conservatorio Municipal. Non se impartirá cada sábado, pero sí dous sábados ó mes, e pódovos asegurar que é unha actividade moi divertida e moi instructiva dende o punto de vista musical. Alegrámonos moito por esta nova aportación que de seguro vai ser moi proveitosa para todos.

jueves, 18 de septiembre de 2008

Horarios da escola (provisionais)

Bo día Jalochiños. Xa temos os horarios da escola para o curso 08/09. Pode que haxa algún cambio (en caso de tal non ha de ser unha cousa grave), así que en principio vai así (todas as asignaturas impártense o sábado agás Acordeón que é venres):

Acordeón (Toño Millán: Venres 20.00 h.-22.00 h. na Praza do peixe)

Tambor (Darío: Iniciación   17.00 h.-18.00 h.; Avanzado 19.00 h.-20.00 h.)

Gaita (Juancho Rivas: Iniciación 17.00 h.-18.00 h.; 18.00 h.-19.00 h.) (Alberto: Iniciación 17.00 h.-18.00h.; Avanzado 18.00 h.-19.00 h.) (Sabela: 19.00 h.-20.00 h.)

Gaita Infantil (Sara: 18.00 h.-19.00 h.)

Pandereta (Sabela: 18.00 h.-19.00 h.) (Viki: 18.00 h.-19.00 h.; 19.00 h.-20.00 h.)

Pandereta Infantil (Susana: 17.00 h.-18.00 h.;18.00 h.-19.00 h.)

Linguaxe Musical (Fernando: 18.00 h.-19.00 h.)

Guitarra (Miguel: 18.00 h.-19.00 h.; 19.00 h.-20.00 h.) (Victor: 18.00 h.-19.00 h.)

Percusión (Suso: 19.00 h.-20.00 h.)

Informática Musical (Victor: 19.00 h.-20.00 h.; 20.00 h.-21.00 h.)

Piano (Toño Pita: 17.00 h.-20.00 h.)

Clarinete (Fernando: 20.00 h.-21.00 h.)

Charanga Jalocha (Suso e Sabela: 20.00 h.-21.00 h.)

Haberá algunhas asignaturas que se impartirán durante os días da semana na Praza do Peixe, pero aínda está pendiente de falar. En canto teñamos máis novas xa vos iremos informando. Un saúdo. Lembrade que vos podedes matricular dende este blog; nos Enlaces de interese tendes o Formulario de solicitude de Matrícula.  A hora de cubrir o formulario mirade ben que os horarios das asignaturas sexan totalmente compatibles.

viernes, 12 de septiembre de 2008

Notas sobre as asignaturas

Parece que hai certas dúbidas sobre os contidos dalgunhas das asignaturas, os materiais e os horarios. Ben, polo de agora non temos organizados tódolos horarios, que faremos públicos a mediados desta semana que entra, pero sí decirvos que as clases son os sábados pola tarde entre as 17.00 e as 21.00 h. Posiblemente se amplíe o horario para algunhas asignaturas durante a semana, pero como dixen publicarémolos definitivos para a semana aquí no blog. Na cuestión dos materiais e os instrumentos, para cada asignatura hai que levar  o que corresponda, se ben temos en marcha un proxecto de creación dun banco de instrumentos a disposición do alumnado. En principio, no caso da gaita iniciación fai falta unha flauta (plástico ou madeira) e nos avanzados hai que levar gaita. Póderanse coller a través da Asociación a un dos artesáns que temos de man. A parte disto estamos mirando por ter un acordo con algunhas tendas de instrumentos para conseguir algún tipo de desconto na compra. De todo esto teremos máis información esta semana.

Por outro lado parece que hai certo descoñecemento sobre o contido dalgunhas asignaturas como poden ser Linguaxe Musical ou Informática Musical. No caso da Linguaxe Musical, consite en coñecer e analizar os elementos que conforman a música, as relación dos sonidos e como non a súa representación gráfica (lecto-escritura musical). O que máis e o que menos viu algunha vez unha partitura, pois imos tratar de entendela e interpretala. Na informática musical imos aprender as aplicacións informáticas na música, dende a creación dunha partitura que podamos escoitar xa no momento da súa creación, ata a grabación de sonidos, instrumentos... por medio dun ordenador. Neste caso os programas informáticos necesarios serán facilitados pola escola.

Polo dagora non podemos dar máis información, pero esero que polo menos unha parte das vosas dúbidas quedaran resoltas.

jueves, 4 de septiembre de 2008

Listado de mestres

Parece que xa temos o listado de mestres que van participar este ano nas actividades da escola. Algúns que estiveron anos anteriores xa non están este ano, e do mesmo xeito chegou algún que outro profe novo. Pois ben, o listado é o seguinte:

Gaita.- Alberto Millán; Juancho Rivas; Sabela Olivares; Sara Paz.
Pandereta.- Susana Vázquez; Sabela Olivares, Vicki Reiriz
Guitarra.- Miguel; Victor Alvarez.
Linguaxe Musical.- Fernando Pérez.
Tambor.- Darío Silva.
Acordeón.- Toño Millán.
Percusión de mans.- Suso Bello.
Técnica de baquetas.- Tomás Axeitos.
Charanga.- Sabela Olivares; Suso Bello.
Informática musical.- Victor Alvarez.
Clarinete.- Fernando Pérez.
Piano.- Toño Pita.
Musicoterapia (AMBAR).- Fernando Pérez; Victor Alvarez.

Pensamos que hai unha boa lista de asignaturas ofertadas e de profesores dispostos a dalo todo, así que xa sabedes: cubride o formulario de matrícula  e aplicádelle ó instrumento. Sen dúbida algunha a directiva e os profesores vamos botar de menos este ano a inestimable axuda de Jose Manuel Pazó, que este ano vaise implicar máis como alumno. Agradecidos lle estamos por todo o que fixo e fai, ainda que os profes ímoslle dar moita caña agora que podemos.
Un saúdo a todos.




miércoles, 3 de septiembre de 2008

Aberto prazo de matrícula

¡¡¡¡Boas novas!!!!!!! Xa temos aberto o prazo de matrícula para tódolos jalochiños e jalochiñas das terras do Barbanza e máis aló. A partir desta semana individuos de calquera condición, sexo, idade e orientación poderán formar parte da Escola Alboio, o noso particular taller de Alegría. Este ano temos moitas novidades cada unha máis interesante e fascinante e tódolos "...antes" que se vos podan pasar polas vosas mentes jalochas. Ás xa clásicas asignaturas de gaita, pandereta, guitarra, tambor e acordeón hailles que engadir linguaxe musical, clarinete, informática musical e técnicas de percusión de máns e de baquetas. E sumándonos ás novas tecnoloxías do mundo Google este curso 2008-2009, para a vosa comodidade, podedes tramitar a matrícula por internet nesta dirección ou no apartado de enlaces de interese na marxe dereita. Ós alumnos que levades asistindo anteriormente  á escola e ós novos alumnos e novos mestres moitas gracias pola vosa colaboración. ¡¡¡¡Vémonos en breve rapaces!!!!