lunes, 1 de diciembre de 2008
Sobre a reunión deste sábado
Este sábado tivemos unha reunión para valorar e analizar un pouco o estado da nosa querida escola de música. Houbo bastantes asistentes pero non estiveron tódolos membros, polo que creo importante falar no blog dos puntos que alí se falaron. Esta reunión estaba prevista que se celebrara no Salón de Actos do Conservatorio, celebrándose finalmente nunha das aulas. O motivo disto foi a negación expresa por parte do Concello de Ribeira á Escola Alboio para o uso de certas dependencias do Conservatorio entre as que está o Salón de Actos e a aula de Informática. Os motivos polos que se negan non son moi claros e cada un pode sacar facilmente as súas conclusións. No caso da aula de informática polo visto o problema é que o equipamento e demasiado novo e teñen medo a que o gastemos dándolle uso. Algo sencillamente incomprensible. Con todo, as clases de informática seguirémolas ofrecendo por medio do blog "Informática Alboio Escola". Resulta indignante como un Concello, que debe de ofertar oportunidades de todo tipo ós seus habitantes, obriganos pouco a pouco a levar os nosos esforzos para outros Concellos veciños abertos a todo tipo de ideas. Nin se molestan en saber que se fai nin que se deixa de facer. ¿Sabe a voceira de Educación que labor está a realizar a Escola Alboio?¿Sabe se quera os alumnos que participan na Escola?¿As actividades que realizamos?¿Con quen colaboramos? Parece que en pleno século XXI hai xente que pensa que ter un cargo público ven sendo o mesmo que un título nobiliario, que son posuidores dun feudo, e que lles temos que pagar o diezmo para poder disfrutar ese feudo. Pois non, négome rotundamente a soportar o cinismo desa xente. Invito ós afectados (cidadáns de Ribeira) a expresar ó noso alcalde os seus pensamentos sobre o tema ó seu correo web. A todos os que disfrutades da Escola Alboio, moitas gracias.
lunes, 24 de noviembre de 2008
Os maiores no magosto
Acábanme de chegar estas fotos dos maiores celebrando o magosto na residencia. Ó fondo vemos a mestres e alumnos da escola e a xente disfrutando ca música. Parece que hai bastante máis marcha e alegría que nalgunha que outra casa grande do pueblo. Xa comentei a semana pasada o feito da apertura da Escola con actividades esparcidas por Ribeira adiante e máis aló (se cabe), e esta foi unha delas. Parece que este ano non imos parar. Non vos esquezades de pasar polo Tres Hermanos a largarlle unhas empanadillas o Venres 28 ás 19.00 horas.
Radiotranspórtate con Xurxo Souto

martes, 18 de noviembre de 2008
Esta semana toca repartir música
Boas de novo. Xa había tempo que non tiñades noticias nosas, pero é que este ano o arranque da escola mantívonos bastante máis ocupados do que esperabamos. De feito esta semana a actividade da Escola rompe as fronteiras do Conservatorio Municipal ou Consistorial (xa non sabemos moi ven como chamalo) para achegarnos ata a Residencia dos Maiores. Hoxe celebraremos alí con eles o magosto de 18.00 a 19.00 horas. Pero isto non é todo, e quedándosenos todo pequeno haberá actuación musical na Praza do Concello o xoves día 20 de novembro entre as 12.00 e as 12.30 horas con motivo do Día dos Dereitos dos Nenos. Ó longo do día xa vos iremos dando máis información, que este ano parece que ven cheo de actividades moi jalochas. Un saúdo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)