domingo, 19 de octubre de 2008

Primeiras clases na escola


Comezaron por fin as clases da escola este sábado. Parecía que non daba chegado o momento de arrancar, pero ó final conseguiuse, e de que xeito. Foi un pracer ver como moitos dos alumnos do ano pasado continuan asistindo ás nosas clases  con máis ilusión e máis ganas de aprender máis e máis música. De igual xeito a asistencia ás aulas de xente nova, recén chegados á nosa escola, xente de tódalas idades, demostra que hai un interese crecente pola cultura musical, pola súa comprensión e apredizaxe, e polo seu emprego como medio natural de expresión. Todo esto queda reflexado na aceptación das novas asignaturas (percusión, linguaxe musical, informática musical e piano) e no aumento de alumnos en xeral no resto. Tamén voltaron á Escola a xente de AMBAR, mostrándonos que a música é para todo o mundo, para todo tipo de xente e que todos temos que ter as mesmas oportunidades para disfrutala, xa sexa escoitando, tocando, bailando... En verdade foi un día para disfrutar, un día máis de festa que esperemos sexa continuo. Po último mandarlle unha aperta ben forte a Liliana Ballarín, que tanto nos apoiou e que por motivos profesionais (as nosas felicitacións) non poderá levar o Taller de Voz coa regularidade que a todos (incluído ela) nos gustaría. Moitas gracias e moita sorte nesa nova etapa que comezas. E, en fin, seguiremos informando das novas que podan xurdir ó longo da semana. ¡¡¡¡Un saúdo Jalochos e moitas gracias por todo!!!!!

No hay comentarios: