miércoles, 24 de septiembre de 2008
Novas asignaturas de canto e piano
Parece que temos outra nova asignatura este ano, que xunto coa de Piano (xa confirmada) poden ser do máis interesante da Escola. O Taller de Canto vai ser dirixido por Liliana Ballarín, profesora tamén no Conservatorio Municipal. Non se impartirá cada sábado, pero sí dous sábados ó mes, e pódovos asegurar que é unha actividade moi divertida e moi instructiva dende o punto de vista musical. Alegrámonos moito por esta nova aportación que de seguro vai ser moi proveitosa para todos.
jueves, 18 de septiembre de 2008
Horarios da escola (provisionais)
Bo día Jalochiños. Xa temos os horarios da escola para o curso 08/09. Pode que haxa algún cambio (en caso de tal non ha de ser unha cousa grave), así que en principio vai así (todas as asignaturas impártense o sábado agás Acordeón que é venres):
Acordeón (Toño Millán: Venres 20.00 h.-22.00 h. na Praza do peixe)
Tambor (Darío: Iniciación 17.00 h.-18.00 h.; Avanzado 19.00 h.-20.00 h.)
Gaita (Juancho Rivas: Iniciación 17.00 h.-18.00 h.; 18.00 h.-19.00 h.) (Alberto: Iniciación 17.00 h.-18.00h.; Avanzado 18.00 h.-19.00 h.) (Sabela: 19.00 h.-20.00 h.)
Gaita Infantil (Sara: 18.00 h.-19.00 h.)
Pandereta (Sabela: 18.00 h.-19.00 h.) (Viki: 18.00 h.-19.00 h.; 19.00 h.-20.00 h.)
Pandereta Infantil (Susana: 17.00 h.-18.00 h.;18.00 h.-19.00 h.)
Linguaxe Musical (Fernando: 18.00 h.-19.00 h.)
Guitarra (Miguel: 18.00 h.-19.00 h.; 19.00 h.-20.00 h.) (Victor: 18.00 h.-19.00 h.)
Percusión (Suso: 19.00 h.-20.00 h.)
Informática Musical (Victor: 19.00 h.-20.00 h.; 20.00 h.-21.00 h.)
Piano (Toño Pita: 17.00 h.-20.00 h.)
Clarinete (Fernando: 20.00 h.-21.00 h.)
Charanga Jalocha (Suso e Sabela: 20.00 h.-21.00 h.)
Haberá algunhas asignaturas que se impartirán durante os días da semana na Praza do Peixe, pero aínda está pendiente de falar. En canto teñamos máis novas xa vos iremos informando. Un saúdo. Lembrade que vos podedes matricular dende este blog; nos Enlaces de interese tendes o Formulario de solicitude de Matrícula. A hora de cubrir o formulario mirade ben que os horarios das asignaturas sexan totalmente compatibles.
viernes, 12 de septiembre de 2008
Notas sobre as asignaturas
Parece que hai certas dúbidas sobre os contidos dalgunhas das asignaturas, os materiais e os horarios. Ben, polo de agora non temos organizados tódolos horarios, que faremos públicos a mediados desta semana que entra, pero sí decirvos que as clases son os sábados pola tarde entre as 17.00 e as 21.00 h. Posiblemente se amplíe o horario para algunhas asignaturas durante a semana, pero como dixen publicarémolos definitivos para a semana aquí no blog. Na cuestión dos materiais e os instrumentos, para cada asignatura hai que levar o que corresponda, se ben temos en marcha un proxecto de creación dun banco de instrumentos a disposición do alumnado. En principio, no caso da gaita iniciación fai falta unha flauta (plástico ou madeira) e nos avanzados hai que levar gaita. Póderanse coller a través da Asociación a un dos artesáns que temos de man. A parte disto estamos mirando por ter un acordo con algunhas tendas de instrumentos para conseguir algún tipo de desconto na compra. De todo esto teremos máis información esta semana.
Por outro lado parece que hai certo descoñecemento sobre o contido dalgunhas asignaturas como poden ser Linguaxe Musical ou Informática Musical. No caso da Linguaxe Musical, consite en coñecer e analizar os elementos que conforman a música, as relación dos sonidos e como non a súa representación gráfica (lecto-escritura musical). O que máis e o que menos viu algunha vez unha partitura, pois imos tratar de entendela e interpretala. Na informática musical imos aprender as aplicacións informáticas na música, dende a creación dunha partitura que podamos escoitar xa no momento da súa creación, ata a grabación de sonidos, instrumentos... por medio dun ordenador. Neste caso os programas informáticos necesarios serán facilitados pola escola.
Polo dagora non podemos dar máis información, pero esero que polo menos unha parte das vosas dúbidas quedaran resoltas.
jueves, 4 de septiembre de 2008
Listado de mestres
Parece que xa temos o listado de mestres que van participar este ano nas actividades da escola. Algúns que estiveron anos anteriores xa non están este ano, e do mesmo xeito chegou algún que outro profe novo. Pois ben, o listado é o seguinte:
Gaita.- Alberto Millán; Juancho Rivas; Sabela Olivares; Sara Paz.
Pandereta.- Susana Vázquez; Sabela Olivares, Vicki Reiriz
Guitarra.- Miguel; Victor Alvarez.
Linguaxe Musical.- Fernando Pérez.
Tambor.- Darío Silva.
Acordeón.- Toño Millán.
Percusión de mans.- Suso Bello.
Técnica de baquetas.- Tomás Axeitos.
Charanga.- Sabela Olivares; Suso Bello.
Informática musical.- Victor Alvarez.
Clarinete.- Fernando Pérez.
Piano.- Toño Pita.
Musicoterapia (AMBAR).- Fernando Pérez; Victor Alvarez.
Pensamos que hai unha boa lista de asignaturas ofertadas e de profesores dispostos a dalo todo, así que xa sabedes: cubride o formulario de matrícula e aplicádelle ó instrumento. Sen dúbida algunha a directiva e os profesores vamos botar de menos este ano a inestimable axuda de Jose Manuel Pazó, que este ano vaise implicar máis como alumno. Agradecidos lle estamos por todo o que fixo e fai, ainda que os profes ímoslle dar moita caña agora que podemos.
Un saúdo a todos.
miércoles, 3 de septiembre de 2008
Aberto prazo de matrícula
¡¡¡¡Boas novas!!!!!!! Xa temos aberto o prazo de matrícula para tódolos jalochiños e jalochiñas das terras do Barbanza e máis aló. A partir desta semana individuos de calquera condición, sexo, idade e orientación poderán formar parte da Escola Alboio, o noso particular taller de Alegría. Este ano temos moitas novidades cada unha máis interesante e fascinante e tódolos "...antes" que se vos podan pasar polas vosas mentes jalochas. Ás xa clásicas asignaturas de gaita, pandereta, guitarra, tambor e acordeón hailles que engadir linguaxe musical, clarinete, informática musical e técnicas de percusión de máns e de baquetas. E sumándonos ás novas tecnoloxías do mundo Google este curso 2008-2009, para a vosa comodidade, podedes tramitar a matrícula por internet nesta dirección ou no apartado de enlaces de interese na marxe dereita. Ós alumnos que levades asistindo anteriormente á escola e ós novos alumnos e novos mestres moitas gracias pola vosa colaboración. ¡¡¡¡Vémonos en breve rapaces!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)