lunes, 1 de diciembre de 2008

Sobre a reunión deste sábado

Este sábado tivemos unha reunión para valorar e analizar un pouco o estado da nosa querida escola de música. Houbo bastantes asistentes pero non estiveron tódolos membros, polo que creo importante falar no blog dos puntos que alí se falaron. Esta reunión estaba prevista que se celebrara no Salón de Actos do Conservatorio, celebrándose finalmente nunha das aulas. O motivo disto foi a negación expresa por parte do Concello de Ribeira á Escola Alboio para o uso de certas dependencias do Conservatorio entre as que está o Salón de Actos e a aula de Informática. Os motivos polos que se negan non son moi claros e cada un pode sacar facilmente as súas conclusións. No caso da aula de informática polo visto o problema é que o equipamento e demasiado novo e teñen medo a que o gastemos dándolle uso. Algo sencillamente incomprensible. Con todo, as clases de informática seguirémolas ofrecendo por medio do blog "Informática Alboio Escola". Resulta indignante como un Concello, que debe  de ofertar oportunidades de todo tipo ós seus habitantes, obriganos pouco a pouco a levar os nosos esforzos para outros Concellos veciños abertos a todo tipo de ideas. Nin se molestan en saber que se fai nin que se deixa de facer. ¿Sabe a voceira de Educación que labor está a realizar a Escola Alboio?¿Sabe se quera os alumnos que participan na Escola?¿As actividades que realizamos?¿Con quen colaboramos? Parece que en pleno século XXI hai xente que pensa que ter un cargo público ven sendo o mesmo que un título nobiliario, que son posuidores dun feudo, e que lles temos que pagar o diezmo para poder disfrutar ese feudo. Pois non, négome rotundamente a soportar o cinismo desa xente. Invito ós afectados (cidadáns de Ribeira) a expresar ó noso alcalde os seus pensamentos sobre o tema ó seu correo web. A todos os que disfrutades da Escola Alboio, moitas gracias.

No hay comentarios: