Feliz ano 2009 a tódolos jalochos e jalochas e individuos da zona e arredores. Espero que todos esteades disfrutando das festas do nadal igual ou mellor ca nós e que todos entredes neste ano con esperanza e alegría. Sobre todo iso, alegría. E despois da realización do curso de Deseño Gráfico e de Informática Musical, para comenzarmos o ano temos preparados dous cursos máis que interesantes con matrícula aberta (pódese apuntar quen queira, en principio non hai limite de prazas): o esperado taller de voz, e un novo taller de percusión asincopada. O taller de voz, que vai estar dirixido por Liliana Ballarín impartiráse os sábados entre as 17.00 h e as 20.00 h. nas aulas do Conservatorio, e súa duración será de tódolos sábados de Xaneiro e tres sábados de Febreiro. Por se non sabedes quen é Liliana Ballarín, foi profesora de canto no Conservatorio Municipal de Ribeira (que tanto nos axuda) e actualmente profesora de canto no Conservatorio de Pontevedra, e penso que non está demáis dicir que sempre nos apoiou e animou a seguir coa Escola e demostra ser unha grande amante da música e da súa profesión como docente. Para o curso non se necesitan coñecementos precios, xa que comezará dende o máis básico da formación vocal: respiración, vocalización... así que animádevos, asegúrovos que é algo moi divertido e instructivo. O segundo curso, o de percusión, vai estar capitaneado por Tomás Axeitos, técnico de son e batería da Compañia do Ruido. Este curso vai estar repartido en diferentes sábados do mes de Xaneiro e Febreiro sendo estes: 17 e 24 de Xaneiro e 14 e 21 de Febreiro. Neste caso é preciso ter uns coñecementos mínimos de linguaxe musical (moi básicos: lectura de corcheas, semicorcheas, compás, etc). A matrícula tamén é aberta.
Para apuntarse a calquera dos dous cursos poderedes facelo a partir de hoxe á tarde en internet a través desta páxina ou tamén a través do teléfono: 650885530
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Hola bos dias!!
Poñome en cotnacto con vos para pedir un presuposto par aun cliente noso. Precisamos unha charanga para un concurso de disfraces en zona de Muros Noia para o dia 22 de febreiro (domingo de entroido) pola tarde. Un saúdo,
Chema Caamiña
Coordinador Dpto. Animación
Bretema Ocio e Tempo Libre S.L.
Tlf 661576624
Publicar un comentario