
Xa temos a programación do Nadal da Asociación Bastantes Llon.
Música na rúa, na casa, na escola... ¡¡¡Por tódalas esquinas!!!!!

O espazo radiofónico de maior difusión e repercusión da música galega libera as súas ondas dende a Taberna dos Tres Hermanos, aquí en Ribeira, e como non adicándonos unha porción do seu tempo á nosa escola de música. Xurxo Souto emitirá Aberto por Reformas en directo o Venres 28 de Novembro ás 19.00 horas, así que como bos Jalochiños non podedes faltar. Para os que non coñezades o programa emítese de domingo a venres ás 19.00 horas aproximadamente na CRTVG e para os que non coñezades a Taberna dos Tres Hermanos pois xa tendes un bo motivo para coñecela e probar as súas empanadillas. Animádevos, que non tódolos días imos estar na radio.


Bo día Jalochos!!!!. Supoño que a estas alturas xa estarán pegados uns cuantos carteis da Festa de Inauguración de este ano. Por se acaso, se algún de vós aínda non o viu, temos un cartelazo de "lujo". O sábado ó medio día temos á nosa Charanga Jalocha dando a esmorga por todo o pueblo, seguida da banda ULTRAQAN na praza de Compostela as 14.00 h. Eso sí que vai ser unha sesión vermú en toda regla.
para presentar ós matriculados o novo curso que comezamos. Coñeceremos ós novos mestres e as novas asignaturas.
Mañán, xoves día 2 de Outubro, presentamos a Escola Alboio no Ateneo Valle-Inclán ás 17.00 h. Contaremos coa presencia do Presidente da Asociación Cultural Bastantes Llon, Suso Bello, a Concelleira de Educación Juana Ermitas, a directora da Caixa, Angeles Tarrío Martinez e varios profesores da Escola. Explicaremos un pouquiño de que vai o proxecto deste ano e de que xeito colaboran con nós as diferentes entidades como o Concello. Vémonos mañan.