Mostrando entradas con la etiqueta Eventos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Eventos. Mostrar todas las entradas
miércoles, 3 de septiembre de 2008
Aberto prazo de matrícula
¡¡¡¡Boas novas!!!!!!! Xa temos aberto o prazo de matrícula para tódolos jalochiños e jalochiñas das terras do Barbanza e máis aló. A partir desta semana individuos de calquera condición, sexo, idade e orientación poderán formar parte da Escola Alboio, o noso particular taller de Alegría. Este ano temos moitas novidades cada unha máis interesante e fascinante e tódolos "...antes" que se vos podan pasar polas vosas mentes jalochas. Ás xa clásicas asignaturas de gaita, pandereta, guitarra, tambor e acordeón hailles que engadir linguaxe musical, clarinete, informática musical e técnicas de percusión de máns e de baquetas. E sumándonos ás novas tecnoloxías do mundo Google este curso 2008-2009, para a vosa comodidade, podedes tramitar a matrícula por internet nesta dirección ou no apartado de enlaces de interese na marxe dereita. Ós alumnos que levades asistindo anteriormente á escola e ós novos alumnos e novos mestres moitas gracias pola vosa colaboración. ¡¡¡¡Vémonos en breve rapaces!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)