miércoles, 3 de septiembre de 2008

Aberto prazo de matrícula

¡¡¡¡Boas novas!!!!!!! Xa temos aberto o prazo de matrícula para tódolos jalochiños e jalochiñas das terras do Barbanza e máis aló. A partir desta semana individuos de calquera condición, sexo, idade e orientación poderán formar parte da Escola Alboio, o noso particular taller de Alegría. Este ano temos moitas novidades cada unha máis interesante e fascinante e tódolos "...antes" que se vos podan pasar polas vosas mentes jalochas. Ás xa clásicas asignaturas de gaita, pandereta, guitarra, tambor e acordeón hailles que engadir linguaxe musical, clarinete, informática musical e técnicas de percusión de máns e de baquetas. E sumándonos ás novas tecnoloxías do mundo Google este curso 2008-2009, para a vosa comodidade, podedes tramitar a matrícula por internet nesta dirección ou no apartado de enlaces de interese na marxe dereita. Ós alumnos que levades asistindo anteriormente  á escola e ós novos alumnos e novos mestres moitas gracias pola vosa colaboración. ¡¡¡¡Vémonos en breve rapaces!!!!

1 comentario:

Pas dijo...

Boas, xa tedes establecidos os horarios das clases? Interesaríame saber a qué hora serían as clases de gaita e si a escola dispón do material ou é necesario que cada un aporte o instrumento. Graciñas, un saúdo