Parece que hai certas dúbidas sobre os contidos dalgunhas das asignaturas, os materiais e os horarios. Ben, polo de agora non temos organizados tódolos horarios, que faremos públicos a mediados desta semana que entra, pero sí decirvos que as clases son os sábados pola tarde entre as 17.00 e as 21.00 h. Posiblemente se amplíe o horario para algunhas asignaturas durante a semana, pero como dixen publicarémolos definitivos para a semana aquí no blog. Na cuestión dos materiais e os instrumentos, para cada asignatura hai que levar o que corresponda, se ben temos en marcha un
proxecto de creación dun banco de instrumentos a disposición do alumnado. En principio, no caso da gaita iniciación fai falta unha flauta (plástico ou madeira) e nos avanzados hai que levar gaita. Póderanse coller a través da Asociación a un dos artesáns que temos de man. A parte disto estamos mirando por ter un acordo con algunhas tendas de instrumentos para conseguir algún tipo de desconto na compra. De todo esto teremos máis información esta semana.
Por outro lado parece que hai certo descoñecemento sobre o contido dalgunhas asignaturas como poden ser Linguaxe Musical ou Informática Musical. No caso da Linguaxe Musical, consite en coñecer e analizar os elementos que conforman a música, as relación dos sonidos e como non a súa representación gráfica (lecto-escritura musical). O que máis e o que menos viu algunha vez unha partitura, pois imos tratar de entendela e interpretala. Na informática musical imos aprender as aplicacións informáticas na música, dende a creación dunha partitura que podamos escoitar xa no momento da súa creación, ata a grabación de sonidos, instrumentos... por medio dun ordenador. Neste caso os programas informáticos necesarios serán facilitados pola escola.
Polo dagora non podemos dar máis información, pero esero que polo menos unha parte das vosas dúbidas quedaran resoltas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario